Academia Trinidad é a consecuencia dunha aposta decidida a por en marcha a actividade docente dende unha perspectiva innovadora.
Comezamos a nosa andaina ó inicio do curso 1991/1992 ca intención de plasmar na práctica os nosos métodos de ensino có único fin de evitar o fracaso educativo. Ó ter experiencia laboral previa no ensino regrado, éramos conscientes de que se precisaban centros onde a atención persoal e o emprego de novas técnicas de aprendizaxe fosen unha realidade.
O noso traballo ó longo destes anos déuno-la razón ó comprobar con enorme satisfacción como a gran maioría dos nosos alumnos alcanzan resultados positivos.
En definitiva, la educación é a nosa razón de ser e sentímonos ilusionados para estar ó día no noso labor cotián realizando o traballo con seriedade e eficacia. Froito deste empeño temos ó recoñecemento de ser centro certificado en calidade norma ISO 9001 ( Politica de calidade).
DATOS DO CENTRO
ACADEMIA TRINIDAD SL atópase situada no centro de Ourense na zoa que se denomina xenericamente “Casco Histórico“.
Nel impártense distintos tipos de formación, como principais actividades podemos destacar:
Formación Oficial :
§ Centro colaborador de Formación Ocupacional na Comunidade Autónoma de Galicia cas especialidades homologadas: Axente Comercial, Vendedor técnico, Empregado de xestión Financeira de Empresas, Secretariado de dirección.
§ Centro autorizado pola Consellería de Sanidade, XUNTA DE GALICIA. Ref. 083/GA , para a obtención do Certificado de Manipulador de Alimentos.
§ Centro autorizado pola Consellería de Sanidade para a formación de persoal que realiza operación de mantemento hixiénico-sanitario das instalacións susceptibles de se converter en focos de propagación da lexionelose.
§ Centro autorizado pola Consellería de medio ambiente, territorio e infraestruturas para a formación de condutores.
§ Centro recoñecido pola consellería de economía e industria para impartir cursos teórico- prácticos para a obtención do certificado de cualificación individual en baixa tensión nas categorías básica e especialista.
§ Centro homologado pola Fundacion laboral da construción para impartir accións formativas en materia de prevención de riscos laborais.
Formación Non Oficial:
§ Clases de recuperacións e apoio para los niveis de PRIMARIA, ESO, BACHARELATO E UNIVERSIDADE.
§ Cursos de técnicas de estudo.
§ Centro examinador rexistrado de Trinity Collage London, nº 2791
§ Centro Colaborador de Sheffield Centre. Cursos de idiomas no estranxeiro
§ Centro Impartidor de Cursos de Formación Bonificada para traballadores en activo a distancia, prensenciais e on-line: Xestión e Administración, Ofimática, Programación e Deseño, Idiomas, Xestión empresarial e Marketing, Calidade, Medio ambente e Prevención de Riscos, Recursos Humanos, Saúde, Construción, Deseño e decoración, Hostalería,…
§ Centro Asociado a CECAP recoñecido como punto de información dentro da rede de Puntos de Información para a Promoción e Difusión da Formación Continua
Academia Trinidad SL - CIF. B32379125 - Praza da Trinidade 6, entrechán - 32005 Ourense - (Ourense ) ESPAÑA - Tel. 988239655 - Fax. 988255163 - info@academiatrinidad.com
